Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carnota suspende a Cabalgata

Cartel Recepción Reis Magos
Carnota suspende a Cabalgata

Por responsibilidade e seguindo as últimas recomendacións preventivas da #COVID19, o Concello de Carnota vese na obriga de suspender a Cabalgata de Reis e a festa infantil que se ía celebrar no Pavillón de Carnota.
Pero os pequenos e pequenas non van quedar sen entregarlles as cartas ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, xa que estarán un rato este Mércores 5 de xaneiro ás  17:00 a 19:00, no salón de actos do Concello

Dende o Concello piden #sentidiño para que a actividade se desenvolva de maneira responsable e de acordo coas medidas preventivas vixentes. Apélase á responsabilidade individual no cumprimento destas medidas, como son mantemento das distancias, a utilización da máscara, tanto en interior como no exterior, e o lavado ou desinfección frecuente de mans.

Comentarios