Carnota volve deixarse ver na segunda Mostra Víndemo ver
Por segundo ano consecutivo, e tralo rotundo éxito da cita de estrea, a Semana Santa, do 28 ao 31 de marzo, servirá para que Carnota se vista de artesanía. A II Mostra de promoción local "Víndemo Ver" servirá para "promover a diversificación e a promoción do local mediante unha adecuada exposición deste".
Esta é a cita carnotá nunha activa Semana Santa costeira, da que xa imos coñecendo os programas doutras citas para este 2013 como a Mostra do Encaixe de Camariñas ou as Festas do Cristo de Fisterra.
Aquí traemos a programación completa con actividades, charlas, mostra de artesanía e produtos agrícolas (faltan as actividades náuticas), e o Concello abriu o prazo para que produtores e artesáns se inscriban para amosar as súas marabillas.
Ademais haberá Ruta BTT, a I Carreira Viquinga, Expo-Caravaning emais o Mercado ecolóxico de Quilmas.
Novas relacionadas
- Fe e troula compaxínanse nas Festas do Cristo de Fisterra 2013.
- Xa chega a XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas 2013.
- 2012: Un MAR de arte agrícola en Carnota.