Ceos Galegos presenta o seu Calendario 2025 no Tinglado
Novo evento no Tinglado. O novo epicentro cultural da Carnota, acolle este sábado 14 de decembro, ás 18:30h, a presentación do sempre esperado Calendario do colectivo Ceos Galegos.
Se en 2023 a portada foi a furna do Osmo, este ano o colectivo escolleu unha augamar, a primeira vez que utilizan unha imaxe de ceo fondo (con telescopio).
O grupo multidisciplinar de astrodidactas, formado por astrónomos, biólogos, xeólogos, fotógrafos e xente de ciencia en xeral, tratan de espallar as marabillas do noso ceo e a necesidade de coidalo. Así o transmitirán na sesión carnotán, na que poderemos descubrir as imaxes da Costa da Morte, así como as auroras boreais, que forman parte do calendario.
Como non, falarán de astronomía, de contaminación luminosa, pero tamén de lendas e mitos arredor das estrelas.