Chisco Fdez. Naval e María Canosa, entre os galardoados aos Premios Follas Novas ao Libro Galego
10:18 13/05/24
Entregáronse esta fin de semana os Premios Follas Novas ao Libro Galego. E entre os galardoados atopamos dñuas obras con acento costeiro.
Por un lado, a obra “Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo”, de Chisco Fdez. Naval, que recibe o Premio á Obra de Ensaio e Investigación. A obra do ourensán/carnotán, publicada pola Editorial Bululú, xa se ten presentado na Costa, con rotundo éxito, e continúa a súa singradura.
Ademais, o Premio ao Libro Ilustrado recaeu na obra “Maruja Mallo. Enigmaticamente única”, tamén de Bululú, realizado coas ilustracións de Bea Gregores e os téxtos da nosa ceense María Canosa.