Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Comezaron as obras de mellora da estrada no Pindo para o paso da Volta

Obras na estrada do Pindo
Comezaron as obras de mellora da estrada no Pindo para o paso da Volta

Esta semana deron comezo as obras de rehabilitación do firme na estrada autonómica AC-550, no centro do Pindo, en Carnota. Unha obra pensada para o paso da Volta Ciclista a España, o vindeiro 3 de novembro, que ten 48.000 euros de investimento e conta cun prazo de execución de 1 mes.

Os traballos céntranse entre os puntos quilométricos 11+050 a 11+800 e consisten no fresado parcial da capa de rodaxe e na extensión dunha nova capa a base de formigón bituminoso en quente a toda a superficie dos dous carrís.

Novas relacionadas

Comentarios