Venres. 29.03.2024
El tiempo

Coñecendo os roteiros do Anxo Negro

Coñecendo os roteiros do Anxo Negro
O roteiro do Anxo Negro en Corcubion no xardin da casa de Jano Lamas O roteiro do Anxo Negro en Corcubión no xardin da casa de Jano Lamas

Xa temos ollado como viste o Anxo Negro da Costa da Morte. Esa novela de Manuel Gago localizada historicamente en varias zonas da Costa da Morte.

Precisamente esta fin de semana o escritor e divulgador, percorreu boa parte dos lugares reais onde se desenvolve a novela. E o fixo con 130 profesores de toda Galicia nun itinerario organizado polo CAFI (Centro autonómico de formación e innovación) da Consellería de Cultura e Educación. Unha gran oportunidade para que os mestres do país continúen completando a súa formación continua.

Así, a expedición foi medindo os límites entre realidade e ficción pasando por puntos de Lourame, Muros, Carnota, Corcubión e Dumbría.

Roteiro do Anxo Negro polos montes de Dumbria e Carnota Manuel Gago no Roteiro do Anxo Negro polos montes de Dumbria e Carnota Na Igrexa de San Pedro de Buxantes Na Igrexa de San Pedro de Buxantes

Os costeiros Jordi Tato, Jano Lamas e Lourdes Pardo participaron activamente na sesión. Jordi abriu as portas do Pirata (ese senlleiro bar de Caldebarcos); Jano abriu as da súa propia casa corcubionesa, escenario de múltiples recreacións históricas levando aos mestres pola historia dos corsarios; e Lourdes abriu a da Igrexa de San Pedro de Buxantes.

 

Novas relacionadas

Manuel Gago na Costa da Morte

Fonte

Comentarios