Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Convocada a Concentración Moteira de Lira-Carnota para setembro

  • Suspendida pola situación COVID
Concentracion Moteira Carnota Setembro 2021
Convocada a Concentración Moteira de Lira-Carnota para setembro

”Estas cousas leva moito tempo preparalas e conseguir permisos, e ademais a maioria de xente vén de fóra e é bo avisalos con tempo para que se organicen para poder vir”. Así explica José Antonio, voceiro dos Motoclub Moteir@s Amig@s de Carnota, a premura da convocatoria da I Concentración Moteira de Lira-Carnota, convocada para os 17, 18 e 19 de setembro.

Unha cita á que chegan cunhas gañas infinitas, pois dende a súa creación a finais de 2019 apenas puideron desenvolver un par de quedadas.

Haberá música, rutas (desexando ver unha de antorchas), xogos…

Novas relacionadas

Comentarios