Demolida voluntariamente unha casa prefabricada en Carnota

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) vén de constatar a execución voluntaria dunha vivenda unifamiliar en construción no concello de Carnota. Trátase dunha vivenda construída en solo rústico de protección agropecuaria, onde este tipo de edificacións están totalmente prohibidas.
Foi unha intervención bastante rápida. A APLU avisou ao propietario en novembro de 2013, e tras ser desestimado o recurso de reposición en setembro de 2014, o interesado procedeu á demolición da edificación, sen necesidade de poñer multas coercitivas e sen a imposición de sancións.
Dende a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sinálase que este tipo de actitudes demostran que cada vez máis a sociedade é consciente da necesidade de coidar e protexer o territorio galego fronte aos delitos urbanísticos, asumindo a parte de responsabilidade e de colaboración desta labor de protección que, cada vez máis, está presente na conciencia do galegos.
O obxectivo da APLU é contribuír a ordenar e protexer o territorio galego, crear unha conciencia social de acatamento normativo e de respecto pola natureza e o coidado do medio.
En definitiva, a finalidade da APLU é velar polo uso racional do solo consonte ao que dispón a normativa reguladora do urbanismo e do litoral, especialmente no medio rural e na zona de servidume de protección do dominio público marítimo.
Nas seguintes imaxes amósase o antes e o despois da demolición desta vivenda en construción en Carnota:

Novas relacionadas
- As máquinas xa derruban a lonxa vella de Malpica a pesar do rexeitamento social.
- Ordenan o derribo de dúas naves non legalizables en Coristanco.
- Comezan a demolición dunha casa na praia en Arou.
- 31-03-14: A Xunta anuncia a demolición das 3 casas ilegais de Mar de Fóra.
- 12-03-14: A demolición de edificios ilegais faise realidade.
- 03-03-14: Dous hoteis ilegais demolidos en Muros.
- 2010: Nova orde de derribo para 3 casas en Fisterra.
- 2008: Fotodesfeita: Casas invadindo a praia de Mar de Fóra.
Artigos relacionados
- Domingo Guerra: Reposición da legalidade urbanística.
- Maltratamos a paisaxe na Costa da Morte?.
- Fisterra e a casa sen vender.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).