Venres. 19.04.2024
El tiempo

Empeza o curso na Escola Municipal de Música de Carnota

Empeza o curso na Escola Municipal de Música de Carnota
Menuda familia que son os mestres da Escola de Música de Carnota

Un ano máis chega o comezo de curso na ESMU de Carnota. Onte luns 30 de setembro celebrouse no salón de plenos do Concello de Carnota a reunión de principio de curso cos 114 inscritos. Alí tratáronse os temas máis comentados, como son os horarios do alumnado, o calendario lectivo, os días de atención aos pais, as materias de cada mestre, as normas internas, os prezos, etc.

Con consenso pleno entre pais, mestres e alumnos/as rematou a reunión á hora xusta para dar paso hoxe, martes 1 de outubro ao comezo das clases, no CEIP do Pindo, todos os días, de luns a venres, de 4 a 10 da noite.

A programación e as materias a impartir son extensas e variadas. Iniciación Musical (música e movemento), Linguaxe musical, Orquestra Orff, Coro infantil, Coral polifónica, Combos, Grupos de música tradicional, Música Activa, Harmonía, Linguaxe para adultos. Canto, piano, guitarra, baixo, tamboril, congas, batería, guitarra eléctrica, gaita, pandeireta, saxofón, clarinete, frauta e frauta traveseira.

O cadro de mestres repítese ano tras ano (os motivos son obvios con mirar os resultados e o número de inscricións), e son tres mestres e dúas mestras:

  • Ana Blanco. Iniciación Musical, 1º e 2º de Linguaxe, Coro infantil, Orquestra Orff, Canto e Piano. Luns e mércores de tarde.
  • Carlos González. Batería, Congas, Agrupacións e Combos. Mércores e venres polas tardes.
  • Castor Montes. Guitarra, Baixo, 3º de Linguaxe, Harmonía e Combos. De luns a venres, todas as tardes.
  • Ramón Domínguez. Gaita, Percusión tradicional, 4º de Linguaxe, tamboril, Vento madeira e Coral Polifónica. Luns, martes, xoves polas tardes.
  • Alianza Uhía. Dirección e organización. Piano e Linguaxe musical adultos, 5º e 6º. Luns e mércores, tardes.

Un bo equipo, unha familia ben levada, dende logo!!!!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios