Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O ex-alcalde e a ex-tenente de alcalde do PP de Carnota, inhabilitados por contratación ilegal tras 7 anos de preitos

Marisol Pineiro e Pepe Oreiro
Marisol Piñeiro e Pepe Oreiro escoltando un Conselleiro durante un acto institucional en Carnota
O ex-alcalde e a ex-tenente de alcalde do PP de Carnota, inhabilitados por contratación ilegal tras 7 anos de preitos

Hai máis de 7 anos (en febreiro de 2013, e o xuizo oral celebrouse en novembro e decembro de 2019) que comezou o preito interposto polo BNG de Carnota por acusación popular contra os membros do PP de Carnota José Oreiro e Marisol Piñeiro. O que foi alcalde e a súa tenente de alcalde do Concello de Carnota, desde 2007 ata 2011, foron denunciados por un delito de prevaricación administrativa en contratos de traballo asinados durante o seu mandato. O Xulgado do Penal da Coruña vén de ratificar a sentenza firme pola que quedan inhabilitados para o exercicio de todo cargo electivo durante 7 anos, se ben cabe recurso de apelación.

A sentenza conclúe que foi ilegal a contratación dunha asesora do alcalde pouco despois de conseguir o PP o goberno de Carnota no 2007, por non seguir os procedementos fixados pola lexislación. en materia de transparencia e a publicidade do posto. Un contrato asinado por Piñeiro como representante do Concello do alcalde (que estaba de baixa), que tiña un ano de duración e que se prorrogou dous anos máis, modificando ademais en 2010 ese contrato á categoría técnixo xurídico urbanístico, pasando a ser temporal indefinido.

Se ben a Fiscalía pedía 10.000€ de indemnización, e o BNG solicita que o actual goberno de Carnota que lles reclame a devolución de 172.000 euros (o sobrecosto que provocou a devandita contratación de 2007 ata 2017 sobre o que podería ser un servizo de asesoramento externo) ás arcas do Concello, a sentenza só inclúe as costas do procedemento, ademais da inhabilitación. O Xulgado entende que si era necesario ese posto de asesoramento urbanístico, e non atopa delito de malversación de fondos púnlicos.

Durante o xuízo oral, celebrado en novembro de 2019, Oreiro recoñeceu que “non se lles ocorreu facer unha oferta pública de emprego”, e que de feito, cando deron de baixa á asesora “contrataron a outra persoa de igual maneira”, neses tempos de boom urbanístico nos que o Concello necesitaba asesoramento na materia. Oreiro asegurou que non coñecía á contratada, pero si ao pai “porque é de Lira e aquó coñecémonos todos”, e recoñecía que o pai lle ofrecera ao Concello o gasoil 2 céntimos máis barato porque o Concello tiña moitas débedas na gasolinera”.
En todo caso, asegurou que “non tiña conciencia de estar facendo algo ilegal”.

Novas relacionadas

Comentarios