A Fiscalía propón fianzas de 10.000€ para Marisol Piñeiro e Jose Oreiro


Segue o Concello de Carnota moi convulso a menos de dúas semanas para as Eleccións Municipais do 24 de maio. E estes días coñecemos dúas novas de interese xudicial.
Comezamos pola novidade máis grave, a que atinxe ao grupo do PP, pois parece que a Fiscalía deu un paso adiante e consideran que hai “elementos suficientes” no caso ”prevaricación por contratación a dedo” para procesar á deputada Marisol Piñeiro, ao ex alcalde e actual candidato José Oreiro e ao Secretario Carlos Bousoño. Falan daquela contratación realizada "sin cumplir ningún trámite procedimental legal" entre 2007 e 2010.
Propón a Fiscalía pois establecer sendas fianzas de 10.000€ para os Piñeiro e Oreiro, como “autores” do delito, e de 6.000€ para o Secretario como “cooperador necesario”. Oreiro terá que declarar o martes 19 de maio, nunha acusación popular finalmente interposta polo BNG.
Veremos que ditamina pois o TSXG.
Outra contratación irregular
Pola contra, vimos de coñecer un escrito asinado polo propio alcalde, Ramón Noceda, do BNG, con data de marzo, no que se recoñece que as transformacións en indefinidas das relacións laborais de dúas traballadoras do Concello foron realizadas de xeito irregular. Comezaba así un expediente de ofico das resolucións para solventar os problemas.
Novas relacionadas
- Eleccións #24M: Unhas eleccións carnotás marcadas polos xulgados.
- 10-04-15: Campos centraliza as súas críticas no alcalde de Carnota. 09-04-15: De plenos pantasma no Concello de Carnota.
- 30-03-15: “O alcalde roza a ilegalidade de Carnota en cada contratación”.
- 05-02-15: Uns despedimentos moi caros?.
- 27-07-14: Os traballadores readmitidos no Concello de Carnota denuncian que seguen presionados.
- 06-05-14: O Concello carnotán asegura que a única sentenza firme contra os despedimentos é a que implica ao PP por prevaricación.
- 05-05-14: Marisol Piñeiro ante o TSXG por unha suposta contratación a dedo.
- 29-04-14: Declaran nulo o despedimento de outras dúas traballadoras do Concello de Carnota.
- 24-03-14: O Xulgado repón unha traballadora municipais que fora despedida en Carnota.
- 15-11-13: Os traballadores despedidos de Carnota critican a doble moral do alcalde.
- 14-11-14: Tempos de conflitos laborais en Carnota.
- 17-09-13: A Xustiza declara nulo o despido dunha traballadora de Carnota.
- 07-09-13: O PP de Carnota vén de denunciar o trato discriminatorio cun ex-traballador do concello.
- 22-08-13: Explicacións económicas e criticas sociais aos 6 despidos de Carnota.
- 21-08-13: 6 despidos polémicos no Concello de Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).