Falece un home no Monte Pindo

16:59 29/01/22
Esta mañá falecía un home de 61 anos no Monte Pindo. O home baixaba da Moa coa familia, e sentiuse mal. Sentouse nunha pedra, e esmaouse.
Cando saltou á alarma, o Policía Local de Carnota, Suso López, que xa leva máis de 70 rescates no Olimpo Celta, atopábase fóra de servizo facendo deporte pola zona e foi en primeiro en chegar.
Tras 45 minutos practicando exercicios de reanimación cardiopulmonar, os axentes sanitarios non puideron máis que certificar o seu pasamento. Finalmente o corpo foi trasladado polo Helicóptero se Salvamento.