Martes. 19.03.2024
El tiempo

A falta de substitución da ATE do CEIP de Carnota deixa sen cole a varios nen@s con NEAE

CEIP de Carnota
A falta de substitución da ATE do CEIP de Carnota deixa sen cole a varios nen@s con NEAE

Este verán a Xunta decidía aplicar un novo recorte no CEIP de Carnota coa supresión dunha “ATE”, unha Auxiliar Técnico Educativo. Facía a pesar das protestas das familias, pois son 4 nen@s con Necesidades Especiais (NEAE) que necesitan unha axuda moito máis directa.

No centro carnotán estudia ademais un nen@ de 4 anos, con Trastorno de Especto Autista (TEA) non verbal, que, por lei, debería ter unha Auxiliar durante toda a súa estancia escolar, polo que o centro debería contar con outra praza de ATE para axudar no acompañamento aos outros tres alumn@s.

Pero a realidade é que ademais de cumprir a súa propia lei (que obrigaría a ter 2 ATE), a Xunta non cobre nin as baixas das profesionais. Deste xeito, este pasado venres foi a terceira vez que a técnica non puido acodir a clase, polo que o neno con TEA non puido asistir ao colexio. Con todo o que isto conleva nunha familia en clave de conciliación laboral.

As familias piden a creacón dunha aula específica, para evitar ademais que a propia ATE teña que andar de clase en clase rompendo os mesmos protocolos que puxo a Xunta para manter as aulas burbulla para previr o covid.

Pero en ningún centro da Costa da Morte esixe unha aula específica, a pesar de que en algún centro como en Cee hai ata 8 alumn@s con necesidades especiais.

As familias contan agora co apoio inestimable do Servizo de Atención de Temperá, que ten sedes no Ézaro e en Vimianzo. Un Servizo tremendamente necesario, moi demandado polas familias e que axuda ao desenvolvemento dos rapaces, pero que tamén está moi “capado” polo covid, xa que non sen poden desenvolver sesións grupais, e as criaturas apenas teñen unha sesión personalizada de 45 minutos cada semana.

2 meses sen pediatra

Mentres, o Centro de Saúde de Carnota vai para dous meses sen pediatra. A pesar das mobilizacións das familias e mesmo dos intentos dende o Concello de falar co SERGAS, dende a Xunta non substituen a praza e as familias teñen que solicitar cita no saturado centro de saúde muradán, para ver un pediatra que non coñece as crianzas.

Novas relacionadas

Comentarios