![O concello de Carnota inclue o espectaculo infantil Brinca Vai de Paco Noguieras dentro da sua programacion estival]()
O concello de Carnota inclúe o espectáculo infantil "Brinca Vai" de Paco Noguieras dentro da súa programación estival
Carnota non pecha por vacacións. O concello, en colaboración con outras entidades do municipio, vén de presentar as actividades culturais, lúdicas e deportivas para os vindeiros meses e basta unha lixeira ollada ao programa para percatarse de que hai actos para case todos os días do verán.
Ata o xoves, continúa aberto o
I concurso de vídeos con móbil arredor do san Xoán co que o concello pretende poñer en valor os ritos e tradicións que concorren neste festexo. Tamén ata o día 5 de xullo segue aberta a
exposición “O artista que aprendeu a voar sen ás”, de Lois Agulleiro Lestón, no salón de actos do concello de Carnota.
Xa en xullo a programación é moito máis activa. Durante todo o mes terá lugar o
campamento de conciliación "Aldea de Verán" organizado polo departamento de Igualdade do concello. Tamén do 6 ao 31 de xullo, o salón de actos do concello acollerá a
exposición fotográfica de Paco Torrente con distintas imaxes do municipio. Paco Nogueiras ofrecerá o 8 de xullo, ás 11:30 horas, o seu
espectáculo musical "Brinca Vai! De aquí a acolá". Esa misma fin de semana, do 8 ao 1o, terá lugar tamén o
encontro Monte Pindo con diferentes actividades culturais e o Trail. Os días 11, 12 e 13 de xullo, o concello ten programadas distintas
actividades deportivas dirixidas a distintos públicos. O venres 15 de xullo, realizarase unha
subida guiada á Moa.
A asociación AAVV Xurde organizará o 21 de xullo unha
sardiñada en Calcebarcos que lle dará paso ás
festas do Carme do día 22. Xa o sábado 23, a confraría de Lira realizará unha
degustación popular de productos da reserva mariña a partir das 12 horas. Os xogos de mesa e unha ruta de sendeirismo serán as actividades dos días 26 e 28 de xullo, respectivamente. Xa o venres 29 terá lugar a
sesión teatral infantil "O xigante" de Elefante Elegante. O
Festórreo, en Lira, chegará o 30 de xullo con animacións, gastronomía e coa actuación de Sés.
Festas e deporte en agosto
Agosto será tamén un mes moi completo en canto a actividades se refire. Durante todo o mes continuará o campamento de conciliación "Aldea de verán". O martes, 2 de agosto, proxectarase ao aire libre a
película "Chico e rita". A cita será ás 22 horas no Viso. O día 3 haberá un
torneo de tenis de mesa no pavillón de Carnota. O venres, 5 de agosto, a oferta será por partida triple. Ás 11:30 horas terá lugar o espectáculo teatral "
Antón e Tomasa. Master comellón". Repetirase a
ruta guiada á Moa e, ás 22 horas, será o
concurso musical "Mamé visión" no Viso.
Os días 7, 8 e 9 de agosto celebraranse as
festas en San Mamede cunha ampla oferta relixiosa, lúdica, deportiva e cultural. Xa o día 11 terá lugar unha
ruta de sendeirismo, apta para todas as idades. O venres haberá
teatro no Pindo mentras que o sábado terá lugar a carreira a pé de lira. Esa finde semana, 13, 14 e 15, haberá unha sardiñada e
festas no Pindo.
A
ruta cicloturística será o martes 16 de agosto ás 2o horas e ese mesmo día disputarase un
torneo de hóckey para menores de 16 anos. Trinke Trinke ofrecerá o venres 19 de agosto unha
sesión de contacontos co seu espectáculo "O coelliño branco". Xa o sábado, haberá de novo unha
degustación popular de productos da reserva mariña de Lira e a proxección da película "Los Muppets" en Lira.
O domingo 21 de agosto disputarase a
XXV Carreira das Areas, incluida dentro do II Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte. Continuarán as actividades máis deportivas o martes día 23 cunha
xornada de xogos de mesa para nenos e nenas maiores de 6 anos. E o programa do verán remata o venres 26 de agosto coa
festa da Cachelada de Mallou.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Carnota