Luns. 15.08.2022
El tiempo

Gago, Ayán e Malde presentan o proxecto da Torre dos Mouros: cambiando a historia de Galicia

Gago, Ayán e Malde presentan o proxecto da Torre dos Mouros: cambiando a historia de Galicia

Que en Galicia os castrexos apenas prantamos cara aos romanos, e que os procesos de romanización dos castros foron pacíficos, é algo que parecía un axioma en arqueoloxía. Ata que apareceu, baixo a maleza aló no alto monte do Castro, en Lira: a Torre dos Mouros.
Un proxecto que ademais xa conta con web propia: torredosmouros.net.

Foi o divulgador cultural e blogueiro de referencia Manuel Gago, da man do carnotán Jordi Tato emais Luís Cordeiro, arqueólogo mariñán, os que destaparon este tesouro arqueolóxico que fai tremer os cimentos da historia do país. As fortalezas derruídas dan para estudiar o caso moi pormenorizadamente.

Polo de pronto, o primeiro é ir desbrozando a zona, e dende o Concello teñen artellado unhas semanais xornadas de voluntariado ás que vos podedes apuntar a través do Facebook Proxecto Torre dos Mouros. Todo para permitir ao equipo técnico de arqueoloxía comezar nas vindeiras datas co estudo científico da zona.

O seguinte paso é ilo dando a coñecer á veciñanza, e de aí que o Concello de Carnota convoque unha charla informativa sobre a Torre dos Mouros. A sesión terá lugar o vindeiro venres 29 de xuño ás 20:30h no salón de actos do concello de Carnota na que se explicará aos asistentes os traballos que se levaron a cabo ata agora e, por outra banda, o contexto arqueolóxico e os obxectivos que se pretenden acadar coa campaña de estudo e posta en valor da Torre dos Mouros.

E para facelo, 3 figuras de excepción do panorama arqueolóxico de Galicia:

  • Manuel Gago (periodista e historiador, profesor da USC).
  • Antón Malde (arqueólogo, director do Proxecto Torre dos Mouros)
  • Xurxo Ayán (arqueólogo, investigador do CSIC)

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas arqueolóxicas

Fonte

comentarios