Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Intentan reactivar a Asociación de Empresarios de Carnota

Hotel Meiga do Mar en Carnota
A reunión celebrarase no Hotel Meiga do Mar en Carnota
Intentan reactivar a Asociación de Empresarios de Carnota

Este vindeiro xoves 2 de novembro, está convocada unha reunión para reactivar a Asociación de Empresarios de Carnota. Entidade que leva uns cantos anos aberta, pero que leva un tempo sin corporación que a xestione. É Federico Sánchez, candidato por CxG nas últimas municipais por CxG, intenta mobilizar o sector económico.

”Na actualidade contamos con empresarios dispostos a poñela en funcionamento para que sexa a cabeza tractora dunha Carnota que teña actividade 365 días ó ano, e que non se enfoque na estacionalidade”, explica. ”Para iso temos que ser, dende a asociación, impulsores de proxectos sociais, culturais e económicos, para xerar interese dende ás Administracións Públicas, con inversiones e mellora dos servizos.

A reunión terá lugar no Hotel Meiga do Mar, o 2 de Novembro, ás 10:00 horas .

Comentarios