Lira acolle o cuarto encontro trasnacional do proxecto europeo de formación 2Fish


Dinamarqueses, noruegueses, irlandeses, italianos e lirachos comparten experiencias marítima estes días en Galicia. Concretamente entre A Coruña e Lira, onde se celebra a cuarta reunión de traballo do Proxecto 2Fish: Inclusion of secondary service professions within fishery to the normal VET system.
A sé coruñesa de Fundación Lonxanet e a confraría de Lira os lugares para que os centros de formación e empresas de actividades secundarias vinculadas ao sector pesquero reciban formación a medida.
Xornadas de formación
Tras analizar as necesidades de empresas con actividades secundarias vinculadas ao sector pesquero, os socios do proxecto 2Fish elaboraron diversos módulos formativos que serán testados durante o segundo semestre de 2013 nas compañías europeas xa identificadas. Temas como o turismo pesquero, a procura de financiamento, a xestión de calidade, a lexislación pesquera, o desenvolvemento de novos produtos pesqueros e a trazabilidade dos mesmos integran a formación que os socios europeos impartirán nos seus respectivos países. Todo iso a través de probas piloto que darán lugar a módulos innovadores de formación para profesionais de servizos vinculados á pesca.
O punto principal do encontro é a posta en común dos módulos elaborados por cada un dos membros durante os meses transcorridos desde a última reunión de traballo, que tivo lugar en Noruega o pasado agosto. "Este proxecto é unha oportunidade educativa e laboral cun gran potencial económico, xa que ofrece formación a medida en función das necesidades detectadas en diferentes empresas e centros de ensino", apunta Elena Vázquez Portela, técnico de proxectos de Fundación Lonxanet.

2Fish Project
O Proxecto Europeo, está financiado co apoio do Lifelong Learning Programme da Unión Europea e desenvolvido pola Central Denmark EU Office e Fiskeriskolen (Dinamarca), Nordkapp maritime fagskole (Noruega), AquaTT (Irlanda), Inforcoop (Italia) e a Confraría de Pescadores de Lira e Fundación Lonxanet (España).
Máis información
Novas relacionadas
- A Reserva Mariña de Lira sobrevive a base de autoxestión.
- Muros pesca un Ecopez con Lonxanet.
- Fishernet: recuperando o patrimonio cultural mariñeiro dende a Costa da Morte para toda Europa.
- A Fundación Príncipe Carlos recoñece o traballo cara unha pesqueira sustantable da Confraría de Lira.
- A Reserva Mariña expande as súas redes en conferencias e en Festivais de Cine.
- Unha reserva de vida na Costa da Morte.
- Un estudio de futuro sobre a Área Protexida dos Miñarzos .
- Os Miñarzos, o mellor exemplo de pesca sostible para WWF-Adena.
- O futuro da pesca: Un exemplo dende Lira.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).