O lume dun vehículo provoca un importante incendio forestal en Lariño e Lira
- Última hora [12:00]: A Xunta declara o incendio "Controlado", cunha superficie arrasada de 125 hectáreas.
Esta tarde de domingo 12 de febreiro, Carnota, a parroquia de Lariño, vive un grave incendio forestal. O lume tivo a súa orixe no incendio dun vehículo ao carón da estrada arredor das 15:00h. As lapas trasladáronse ao monte e comezaron a medrar.
Ás 22:00h xa superaban as 20 hectáreas as arrasadas, chegando a ser máis de 70 ha ás 6:00h do luns, cando a Xunta o declarou o incendio como "estabilizado". Ás 12:00h, a Xunta declarou o incendio Controlado cunha superficie afectada de 125 hectáreas.
Traballaron na zona (como acumulado ao longo da tarde e da noite): 1 técnico, 11 axentes, 17 brigadas, 13 motobombas, 2 palas e un helicóptero.
Non se chegou a declarar a situación II e segundo as administracións non se chegaría a facer desaloxo, pero di que varias de Lira arredor das 23:00h saíron das súas vivendas.
A estrada AC-550 tivo que ser pechada arredor das 22.00h ata a primeira hora da mañá.
A Xunta informa a través do twitter @incendios085 coa etiqueta #IFLariñoCarnota, e sinala que o teléfono 085 está dispoñible.
Complícase o #IFLariñoCarnota. Aseguran dende Lira que xa comezan a desaloxar casas. pic.twitter.com/ymxSRoXelR
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) February 12, 2023
Así está o #IFLariñoCarnota que xa supera as 20 hectáreas, e a AC-550 cortada.
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) February 12, 2023
Actualizamos: https://t.co/97B99byazX https://t.co/ASqlIw1fWZ pic.twitter.com/VyFHon9kOC
#IFLariñoCarnota#ConsejosVOST
— VOST GALICIA (@VOSTgalicia) February 12, 2023
En caso de desalojo. ¿Estás preparado? ¿Sabes que tendrías que hacer?#ConsellosVOST
En caso de desaloxo. Estás preparado? Sabes que terías que facer? pic.twitter.com/7IzwUUaFw1