Venres. 19.04.2024
El tiempo

Marcha ao Pindo na fin de semana

Marcha ao Pindo na fin de semana
A Asociación Monte Pindo Parque Natural collerá de novo o fouciño mañá, sábado 6 de agosto, como xa fixeran anteriormente na Pedra Cabalgada, para seguir abrindo novas posibilidades de explorar todos os misterios do Monte Pindo a través dun novo roteiro. Nesta ocasión, o roteiro que abrirán irá camiño dos Aguillóns, unha inmensa braña á que se sube desde Caldebarcos e cuxo acceso está na actualidade intransitable. Na actividade colaboran os veciños de Caldebarcos a través da asociación veciñal Xurde Caldebarcos e a Comunidade de Montes, sempre tan activos na defensa do seu monte e das súas tradicións Programa A saída será ás 10:00h dende a estrada xeral AC-550 ao seu paso por Caldebarcos, entre os resturantes O Feitizo e Casa da Crega. Nos plans está unha limpeza do camiño durante o transcurso do roteiro. O xantar será na Braña de Aguillóns. Despois de xantar, e antes de comezar a descender, desenvolveranse diversas actividades. Os asistentes deben levar un fouciño ou algún utensilio semellante para o desbroce, e luvas de protección. Ademáis, tamén se recomenda levar mochila con alimentos e bebida. O calzado e a roupa deberán ser cómodos e axeitados ás condicións meteorolóxicas do día. Para confirmar a asistencia, hai tres posibilidades. Polo facebook, a través do enderezo electrónico [email protected], ou no teléfono 651 376 769.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios