Martes. 23.04.2024
El tiempo

Marisol Piñeiro denuncia o caciquismo do alcalde de Dumbría

Marisol Piñeiro denuncia o caciquismo do alcalde de Dumbría

Novo e inerte cruce de declaracións entre membros do PP e PSOE. O alcalde de Dumbría e ex deputado, José Manuel Pequeño afirmaba esta semana que "o PP está facendo unha persecución aos alcaldes socialistas", personificada nos procesos xudiciais nos que están involtos os alcaldes de Muxía, Camariñas e el mesmo, ademais do ex alcalde vimiancés.
O rexedor dumbriés alzaba a voz para presionar e asegurar que o Plan de Emprego deste curse sexa, por 7º ano consecutivo, unha realidade. Un Plan que lle permite empregar a varias ducias de traballadores durante varios meses ao ano, mantendo colocadas moitas familias, pero dende a Xunta están a por en dúbida.

A que sae á voz pública para defender a xestión do PP é a deputada do Grupo Popular e ex tentiente alcalde de Carnota Marisol Piñeiro. De primeiras, Piñeiro acusa ao alcalde de "botar de menos as prácticas caciquís que utilizaba cando o PSOE gobernaba, dirixindo todas as actuacións a concellos da súa cor".

Defende, pola súa banda, que “os gobernos do PP teñen como máxima o reparto equitativo entre os concellos dos poucos recursos de que dispoñen, sen mirar a tendencia política”. Así sinala, “o único plan de emprego que se lle ocorreu ao señor Pequeño Castro consiste en contratos a media xornada de tres meses de duración, co único obxectivo de manter ocupados e calados a un escaso grupo de veciños”, criticou Piñeiro quitando valor aos plans de emprego.
Nese sentido, Piñeiro lamentou que “este privilexio do que gozou Dumbría estes anos non se aproveitara para rebaixar o número de parados existente neste concello ou facilitar a inserción laboral das persoas que se atopan en situación de desemprego”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP.

Comentarios