Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PP de Corcubión non quere falar de moción de censura e pide a dimisión do alcalde

O PP de Corcubión non quere falar de moción de censura e pide a dimisión do alcalde

Continúa a polémica na vida política corcubionesa. Ante a crispación da oposición, e a ameaza de presentar unha cuestión de confianza relativa aos orzamentos por parte da alcaldía xa respostaba onte o BNG conciliando e criticando a un tempo. Hoxe é a voceira do PP corcubionés, Gema Freira, á que salta ante as declaracións do alcalde Francisco Lema, Chisco, no Diario de Bergantiños pedíndolle que "dimita polo seu propio pé sen necesidade dunha moción de censura".

"Cumpra vostede o que prometeu no seu día: teña a valentía de dimitir, sexa sincero cos seus votantes e dígalles a verdade, que o posto quedóuselle grande e que se a oposición critícalle as súas decisións é porque a calidade do seu traballo á fronte de Corcubión é máis que cuestionable", invita Freire.

Así o solicita a agora Deputada Freire tralo reto lanzado dende a alcadía para que o pleno saque adiante os orzamentos ademais de criticar a "cultura do non" dos dous grupos da oposición. Freire négase a recoñecer esa acusación e lembra que "aprobamos moitos proxectos, senón que o seu goberno municipal é tan desastroso que sería irresponsable pola nosa banda dicir que "si" a tanto despropósito".

Ademais asegura que "a inmensa maioría dos corcubioneses están cansos de ter un alcalde que sempre adopta unha postura vitimista e opta pola mentira cando as cousas non lle saen ben", ao tempo que lle chama directamente "irresponsable".

"Falta de consenso?"

Freire sinala que os orzamentos non se prorrogaron por "falta de consenso cos partidos da oposición", como afirmaba o alcalde. Freire denuncia que "ao PP non só non se lle informou desta decisión, senón que durante meses fíxonos crer que os estaba elaborando e que contaría para iso coa nosa opinión. Cando nos presentou os orzamentos do 2012 e cando lle dixemos que non, non o coñecíamos". "Agora di que non llos aprobaremos, pero a realidade é que nin sequera llos presentou á oposición", critica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Corcubión.

Comentarios