Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Mercado e a festa de fin de ano, os puntos fortes do Nadal de Carnota

Programación Nadal 2023 Carnota
O Mercado e a festa de fin de ano, os puntos fortes do Nadal de Carnota

Vén cargadiña de actividades lúdico/culturais/deportivas do Concello de Carnota para todas as idades: teatro, contadas, música, xogos deportivos, etc

Entre todos os eventos cabe destacar tres na devandita programación.

Mercado de Nadal

Mercado de Nadal que terá lugar os días 30 e 31 de decembro nunha carpa na praza de San Gregorio de Carnota, en horario de 11 a 2.30 e de 5.00 a 8.30 o día 30, e pola mañá o 31. Os postos do mercado son de comercios locais na súa maioría, artesanía, xoiería, etc e contará con actuacións musicais da man das Pandereteiras da ESMU e do Coro Chan das Lamas de Quilmas, e unha recepción do Carteiro Real (cartaz)

Mercado Nadal Carnota

A noite de fin de ano

A partir das 00.30 recibirán o novo ano cunha gran festa. Comeza co dúo Explosión, para poñer a bailar ás parellas cumbias, pasodobles e chachachas. Sobre as 2.30 chega o tempo do pop rock de todos os tempos co grupo de versións Leite con Jalletas. e a partir das 4.30 chega o tempo do DJ choriso criollo para poñer a bailar aos que aínda se resistan. Haberá chocolate con churros como manda a tradición. Ponse tamén servizo de bus de ida e volta ( á 1.30 a ida e ás 6.30 a volta) dende Muros e dende  o Ézaro. (cartaz)

Cabalgata

O 5 de xaneiro, visita dos Reis Magos en tren. Como vén sendo costume, os Reis Magos visitan Carnota en tren. Neste vehículo percorrerán as parroquias e poderán charlar e dar unha volta coa rapazada que queira ir con eles. As horas previstas das visitas son : ás 11 no Porto do Pindo; ás 12.30 no Campo do Viso en San Mamede; ás 15.45h no Centro Social de Lariño; ás 16.45h na Casa do Mar de Lira e ás 18.00h Na Praza de Carnota. Mentres, no Pavillón de Carnota, festa infantil a partir das 5 da tarde con inchables e xogos, que irá rematando ás 7 para prepararse a recibir ás súas Maxestades, que alí terán os tronos preparados para eles (cartaz)

CABALGATA DE REIS Carnota 2024

Comentarios