Moncho Noceda (BNG Carnota): "Queremos rcuperar o diálogo institucional, a participación veciñal e a ilusión e orgullo como pobo"

1.- Que valoración fas desta lexislatura.
Foi unha lexislatura falta de proxectos e de iniciativas. Estes 4 anos houbo un retroceso en todo o conseguido en anos anteriores por unha clara desidia e abandono por parte do goberno local. Desapareceron proxectos como a mostra internacional de “Mares do Fin do Mundo”, “Carnota Amiga da Infancia” de UNICEF, o vídeo promocional de Carnota “Carnota é Túa”, premio internacional en Berlín esquecido nun caixón e imos a FITUR cas mans baleiras a sacar fotos.
Falta dun Plan de Obras Municipal. Nestes 4 anos do seu programa cumpliron menos dun 10%.
2.- Que cousas fundamentais quedaron por facer?
Todas, o PXOM, Centro Cultural do Viso, saneamento, etc.
6.- Ten o Concello algunha posibilidade de incidir no problema da vivenda en Carnota?
Contemplámolo no noso programa, dentro das competencias municipais, entre outras medidas imos crear un censo de vivendas baleiras a prezos accesíbeis para garantir que a mocidade poda vivir e traballar no noso concello.
3.- Cales son as novidades e os puntos fortes da vosa candidatura?
Somos un equipo comprometido co pobo e con vocación de servizo público. Cremos firmemente que a participación veciñal, e un bo uso do carto público son elementos clave para levar a cabo un goberno con ideas, eficaz e solvente.
4.- Cal é o voso proxecto para o concello.
Retomar os proxectos onde os deixamos fai 4 anos e levar a cabo o noso programa. Recuperar o dialogo institucional, a participación veciñal e a ilusión e orgullo como pobo.
5.- Será esta unha campaña más tranquila que a anterior?
O BNG sempre fixo campañas en positivo.