Pouco a pouco imos coñecendo os candidatos á alcadía para as vindeiras eleccións municipais que terán lugar o vindeiro mes de maio.
Nesta ocasión tócalle o turno a un dos candidatos polo BNG da Costa da Morte. I é que Asamblea Local do bloque nacionalista galego, que tivo lugar a pasada fin de semana en Carnota, apoiou unanimente a Ramón Noceda, natural de Lariño, para presentarse de novo como canditado á alcaldía.
Segundo explica nun comunicado o BNG, Moncho Noceda foi a única candidatura presentada para revalidar a alcaldía de Carnota nesta "nova e ilusionante etapa, toda vez que a situación económica do Concello se consegui normalizar evitando a intervención á que pareceía irremediablemente abocado no inicio do mandato".
Neste mesmo comunicado, explica que a nova situación do concello permite ser optimistas tanto co cumprimento da maioría das iniciativas programáticas que 1043 veciños respaldaron no ano 2011 coma coa propia viabilidade do Concello de Carnota, que estaba seriamente ameazada; segundo declara o BNG de Carnota.
Novas caras
Neste senso, o BNG de Carnota comezará en breve cunha rolda de asambleas polas distintas parroquias que forman o concello co fin de perfilar o proxecto electoral de cara ás eleccións previstas para maio de 2015. Desta forma, Moncho Noceda pretende incorporar xente nova que "nutra de ilusións e novos proxectos a candidatura nacionalista".