Monumentos de toda Galicia tinguiranse de verde polo Parque Natural Monte Pindo


Este sábado 17 terá lugar o 5º Aniversario da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Un completo programa con subida á moa, poesía, e unha merecida homenaxe a un persoeiro tan singular como o Olimpo Celta.
Pero a entidade quixo estender a loita pola consecución do distintivo a toda Galicia. E para iso levan semanas de chamadas polos concellos para conseguir un efecto tremendamente simbólico: que os monumentos das vilas máis singulares de Galicia se tiñan de verde, nunha chamada de atención á Xunta para que dunha vez se aveña á súa protección e desenvolvemento sostible.
Así, o Castelo de Vimianzo, a fonte de 4 Camiños da Coruña, a Muralla de Lugo, "O Artefacto" (a estatua da rotonda de Vila de Negreira) de Carballo, a Praza de Armas (e Casa do Concello) de Ferrol, e o Pazo de Raxoi (o Concello) de Santiago de Compostela, a Casa Consistorial de Pontevedra… lucirán unha iluminación nocturna verde.
Unha acción conxunta polo patrimonio natural galego.
Novas relacionadas
- Pepe do Fieiro será homenaxeado no V Aniversario da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Será o Monte Pindo declarado Xeoparque en 2016?.
- Un roteiro conmemora o quinto aniversario da asociación Monte Pindo Parque Natural.
- Sen novas dos traballos de recuperación do Monte Pindo dous anos despois
- Máis de setenta aves habitan o Monte Pindo
- Agosto 2015: Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros
- Agosto 2015: Denuncian a grave deforestación da Devesa do Anllares.
- Marzo 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Asociación Monte Pindo Parque Natural