Novos alevíns de lubrigante medran na Reserva Mariña dos Miñarzos
Sorprendidos quedamos, gratamente, da nova solta de alevíns de lubrigante realizada onte na Reserva Mariña dos Miñarzos. Unha Reserva que segue esquecida polas administracións, sen vixilancia, pero non tanto polas entidades que máis pensan no medio ambiente. De feito, xa vimos que segue a ser un exemplo mundial de pesca sustentable, a pesar de todo.
Pois recibimos con agarimo a solta de 150 alevíns de lubrigante realizada onte polo IGAFA (Instito Galego de Formación en Acuicultura), dentro do Plan de Repoboación. Un Plan, que leva en marcha dende o 2008, que continuaba no 2010 e que xa leva soltado máis de 20.000 exemplares. Posto en marcha polo goberno bipartido, tivo continuidade ata que decidiron non seguir dotándoo de fondos, pero que onte volvía ser unha realidade.
Dende a zona, consideran que "se non houbese reserva é moi posible que non houbese soltas, e de habelas posiblemente non se farían aquí". I é que parece claro que "se as fan na Reserva é porque aínda pensan que é o mellor sitio para poder facer unha repoboación e onde pode haber "algo" de control, chegado o momento".
O Plan de Repoboación ten por obxectivo principal estudar a supervivencia dos individuos liberados e avaliar se chegan a incorporarse ao stock da súa pesquería. Así, como nos contan os amigos do Canto da Balea, a “actividade do Plan de Repoboación de Galicia centrouse no cultivo, marcaxe, liberación e análise dos datos de recapturas de individuos de lumbrigante, Hommarus gammarus. Actualmente os individuos liberados proceden do resultado da actividade docente do I.Ga.F.A, e dende o Centro de Investigacións Mariñas de Corón, en Vilanova de Arousa, lévase a cabo tanto a marcaxe dos individuos como o seguimento e avaliación dos datos de solta e recaptura. Estes datos poderían achegar información imprescindible para o coñecemento da bioloxía desta especie”.
Pero a cousa está clara: “Agora, o éxito deste esforzo depende da colaboración dos pescadores enviando datos de capturas e de que as persoas que se achegan á ribeira respecten e non capturen exemplares desta especie”, explican en clave de chamamento á responsabllidade de todos.
Novas relacionadas
- 12-02-15: A Reserva dos Miñarzos, aínda un exemplo mundial de pesca sustentable.
- 10-02-14: “A situación da Reserva Mariña dos Miñarzos sen vixilancia é criminal”.
- 04-01-13: A Reserva Mariña dos Miñarzos abre as súas cancelas.
- 30-12-13: A confraría de Lira pide video-vixilancia ante a ondanada de roubos en Portocubelo.
- 11-03-13: A Reserva Mariña de Lira sobrevive a base de autoxestión:
- 20-02-13: A Reserva Mariña de Lira volve ao Parlamento.
- 13-08-12: A Confraría de Lira amosa o seu asombro ante as recriminacións da Xunta.
- 09-08-12: Da vixilancia nos Miñarzos: A Reserva de papel.
- 2010: Segunda solta de alevíns de lubrigante en Lira.
- 2008: Novos alevíns de lubrigante nos Miñarzos.
Máis novas sobre Lira
- Bluscus ou un empurrón ao Turismo Mariñeiro en Galicia.
- Un premio cooperativo polo Canto da Balea de Lira.
- Lira amosou a cara máis amable da Costa da Morte aos socios do proxecto Europeo 2Fish:
- A Reserva Mariña de Lira volve ao Parlamento.
- A Confraría de Lira amosa o seu asombro ante as recriminacións da Xunta.
- A Fundación Príncipe Carlos recoñece o traballo cara unha pesqueira sustantable da Confraría de Lira.
- A Reserva Mariña expande as súas redes en conferencias e en Festivais de Cine.
- Unha reserva de vida na Costa da Morte.
- Un estudio de futuro sobre a Área Protexida dos Miñarzos .
- Os Miñarzos, o mellor exemplo de pesca sostible para WWF-Adena.
- O futuro da pesca: Un exemplo dende Lira.
- Lira, protagonista do Escaravajo verde da TVE.
Fonte
- ESF Galicia.
- Redacción de QPC ([email protected]).