O Anxo Negro da Costa da Morte
21:07 25/05/16
Aínda non sabemos se este Anxo Negro é nado na nosa bisbarra. Pero pronto o saberemos.
Este tesouro audiovisual foi rodado en Caldebarcos e Corcubión. Por iso, media vila carnotá e outra tanta corcubionesa ateigarán a Igrexa da Compañía, na Praza de Mazarelos de Santiago de Compostela, na tardiña deste xoves 26 de maio. Alí terá lugar a presentación de "O Anxo Negro", o novo libro de Manuel Gago, unha desas figuras que fai país a través do patrimonio, e que tanto quere e divulga a Costa da morte.
E si, efectivamente, é o trailer dunha novela, non dun filme. Esta xente non para de innovar.
Este xoves coñeceremos máis desta obra, O Anxo Negro, editada por Xerais.
Manuel Gago na Costa da Morte
- Gago inaugurou o Mes da Fundación en clave patrimonial.
- A Costa da Morte tamén é Heredeira pola Forza.
- O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
- A Croa do Castro de Cerqueda, un proxecto fetén de Arqueoloxía Social.
- “O Proxecto das Croas de Niñóns non se podería levar a cabo sen os veciños”.
- A arqueoloxía social que descobre murallas.
- As Croas de Niñóns: novo exemplo de vangarda arqueolóxica dende a Costa da Morte.
- O Castro de Mallou abriuse aos veciños nun novo exemplo de arqueoloxía social.
- Gago, Ayán e Malde presentan o proxecto da Torre dos Mouros: cambiando a historia de Galicia.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- O Castelo de Brandufe, un novo tesouro agochado do altomedieval costeiro.
- O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
- Manuel Gago liberou aos Viquingos de Bergantiños.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).