Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Asaghieiras Master Festival celebrou con éxito 10 anos de metal costeiro

O Asaghieiras Master Festival celebrou con éxito 10 anos de metal costeiro
Almanimal no Asaghieiras Master Festival 2018 Almanimal, unha das mellores bandas da Costa da Morte, no Asaghieiras Todo un éxito foi para a rapazada da A.C.R.D. As Saghieiras a volta aos escenarios. Rexurdían o Asaghieiras Master Festival, despois de 5 anos de silencio, para celebrar o 10º aniversanio, e a asistencia de público superou todas as expetativas permitindo disfrutar dun sábado 22 de setembro máxico na contorna do Faro de Lariño. Ademais, o tempo acompañou durante toda a xornada, cunha temperatura cálida de día e o frescor necesario para contrarrestar as suores dos pogos durante a madrugada. A festa metálica comezou canda a sesión vermú cos carnotáns Almánimal, unha das mellores bandas da Costa da Morte que conseguiron crear un ambiente máis ben propio da medianoite cun ritmo sublime. O Leo I Arremecághona, coa súa monobanda, interpretou coa profesionalidade que o caracteriza o papel de varios músicos, cunha actuación memorable. As decenas de persoas que xa se congregaron a primeira hora chegaron a esgotar as existencias de churrasco durante as primeiras horas da tarde. Tarde de circo e maxia no Asaghieiras Master Festival Tarde de circo e maxia no Asaghieiras Master Festival Á tarde era o tempo das crianzas, e o Circo Lillas e Pedro Bugarín mantiveron entretidos aos máis pequenos (e non tan pequenos), nun ambiente familiar que se mantivo ata ben entrada a medianoite. O Asaghieiras Master Festival celebrase na contorna do Faro de Larino O Asaghieiras Master Festival celebrase na marabillosa contorna do Faro de Lariño Un dos puntos singulares do festival, ademais do espazo natural marabilloso onde se celebra, é o “palco de espontáneos”. Durante os cambios de bandas, foron moitos os que se atreveron a subir ao escenario. Algún solista atrevido, dúos improvisados, algunhas bandas consolidadas en Galicia como son Okeoh, Suor do Tractorista, ou Os Desterrados, tocaron algún tema, e mesmo unha estrea, a da banda de Vimianzo Teima, que tocaban por primeira ante o público. Teima no Palco de espontaneos do Asaghieiras Master Festival A banda vimiancesa Teima estreouse no Palco de espontáneos do Asaghieiras Master Festival

Festival de primeira calidade

Asaghieiras Master Festival de Larino 2018 en plena efervescencia Asaghieiras Master Festival en plena efervescencia Ás 20:30 comezou o festival, cunha aposta arriscada a golpe do máis cañero death metal. Foi a banda Evil Bastard, banda da factoría da Sala Nasmo de Muros, os que abriron as sesións musiqueiras poñendo listón moi alto ante un número crecente de persoas que desfrutaron moito co seu directo co seu son desgarrador. Las Tipex chegaron dende Iruña a Lariño coa promesa de poñer patas arriba o festival, e así foi. Teatrais e combativas, crearon un ambiente festivo sen igual na súa primeira visita a Galicia. Sobre as 23:00 chegou o turno dos muradáns internacionais por excelencia: Terbutalina, prato forte da noite, que culminaron unha xigantesca e exitosa xira de 40 concertos cun dos mellores bolos da tempada. Arredor de 500 persoas chegaron a congregarse durante o seu concerto, no que a carpa se quedou pequena para tanto baile. Pouco queda daqueles rapaces que daban os seus primeiros bolos en Lariño, estamos ante unha lenda emerxente da música galega. Deseqilibrio Mental no Asaghieiras Master Festival Deseqilibrio Mental no Asaghieiras Master Festival Dende Teo chegaban Deseqilibrio Mental, que tamén realizaron un dos mellores concertos que se lle recordan, arroupados por un público incansable e con colaboracións de luxo. Os da Casalonga reivindicaron o rexeitamento á planta de residuos contra á que están a loitar no seu pobo, cunha actitude e unha presenza no escenario exemplar. Monoulious Dop, quen recentemente estrearon a canción de cabeceira do programa Land Rober, sendo todo un fenómeno noiés da “rock comedy”, trouxeron toda a súa banda cargada de himnos que foron coreados por todos os asistentes. Un concerto cheo de sorrisos e bailes que, xa ben entrada a madrugada, mantiveron quentes aos asistentes. Finalmente, foi o turno de Bastardos de Rivera, banda de Vimianzo que co seu ghalpunk puxeron o broche de ouro ao festival. Conseguiron manter un moi bo nivel de afluencia no festival grazas á súa implicación co público e ás súas carismáticas letras. A todo isto, úneselle un son incrible da man dos profesionais de Goyplason, que fixeron posible que todas as bandas soasen xenial. Terbutalina no Asaghieiras Master Festival 2018 Terbutalina no Asaghieiras Master Festival  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/asaghieiras-master-festival-a-resurreccion-dunha-cita-idilica-da-axenda-sonora-da-costa-da-morte/

Comentarios