Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O cogomelo, a estrela do outono da Costa da Morte

O cogomelo, a estrela do outono da Costa da Morte
Saida micoloxica en Fisterra-Foto-Cesar Perez Moi interesante a saída micolóxica con Pan de Raposo en Fisterra-Foto-César F. Pérez

Ano tras ano aumenta a atención que lles prestamos aos cogomelos na Costa da Morte. Comprobámolo, por exemplo, coas propostas gastronómicas que nos brindan ducias de establecimentos costeiros nas que os cogomelos son os protagonistas nestes días de outono. Ou tamén ca cantidade de cestos de vimbio que invandes os nosso bosques cada fin de semana. E iso que as altas temperaturas impediron que a temporada comezase con forza.

A proliferación de Xornadas Micolóxicas pola bisbarra é outro dos claros síntomas deste crecente interese. Un exemplo foi a primeira edición das Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra, que organizou a entidade máis representativa deste mundo funghi, a Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo. E tamén as VIII Xornadas Micolóxicas que a Asociación Lumieira artellou en Carballo.

Cogomelos na fin da terra

Saida Micoloxica en Fisterra-Foto-Cesar Perez 2 Imaxe da Saída Micolóxica polos bosques de Fisterra-Foto-César F. Pérez

As xornadas fisterrás tiveron unha moi boa acollida, comezando na mañá sabatina cunha saída ao monte guiada por Roberto Montes Papín. Non foi o vento impedimento para que ducias ollos estivesen atentos para colleitar todo cogomelo que se deixase ver, para, á volta, montar unha exposición de especies micolóxicas, no mercado municipal de Fisterra, que quedou aberta ata o domingo pola tarde.
Pola tarde, tocoulle o turno ao noso José Manuel Castro Marcote, que impartiu unha charla de iniciación ao mundo dos fungos, que tuvo unha boa asistencia de xente e cunha boa interacción a base de preguntas.

"Foi unha boa experiencia que creo que poden repetir en anos vindeiros", considera Marcote, xa ca cabeza pensando nas xa míticas XV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte. Pois esta fin de semana de 7 e 8 de novembro, as xentes de Pan de Raposo encherán de cogomelos a Casa da Cultura de Cee.

A exposición é o gran reclamo, pois nestes últimos anos xuntan ata 200 especies. Ademais, se podes ver a exposición cunha explicación do propio José Manuel Marcote, é complicado non aprender. O propio Marcote ofrecerá unha conferencia sobre a toxicidade dos cogomelos na tarde dominical, pero antes, poderemos escoitar a outros especialistas como David Martínez Lago ou Manuel Pose Carracedo . A fin de semana ceense rematará, coma sempre, coa degustación de pinchos con cogumelos do restaurante Larry.

Bergantiños micolóxico

Xornada Micoloxica de Lumieira en Carballo Participantes na Xornada Micolóxica de Lumieira en Carballo

Tamén tiveron lugar en Carballo as citas da Asociación Lumieira cunha ampla participación e varios datos moi positivos: houbo moitos nenos; a xente que foi o ano pasado, repetiu; e cada vez son máis os que se inician no impresionante mundo dos fungos. O máis interesante foi a saída, guiada por José María Traba Velay, e malia que a colleita foi escasa por mor do tempo, si que foi variada. O propio Traba Velay reiterou que a "prudencia e o respecto" son fundamentais para consumir cogumelos salvaxes.

Jose Maria Traba Velay nas Xornadas Micoloxicas de Lumieira Jose Maria Traba Velay foi un dos guías nas Xornadas Micolóxicas de Lumieira  

Outras citas micolóxicas

Xornadas Micoloxicas na Costa da Morte Novembro 2015

Tamén esta fin de semana temos cita cas Xornadas Micolóxicas de Zas que contarán con xentes como Martín Souto ou Juan Carlos Larouba.

Para fin de semana do 14 temos as Xornadas gastro-micolóxicas en Lira, que mesturan cogumelos e marmeladas.

Este mesmo sábado 14, e ata o domingo 22, comezan as Xornadas Micolóxicas Terra do Xallas, con obradoiros e saídas.

Vindeiras xornadas micolóxicas

Xornadas Micolóxicas de Cee

Outras novas micolóxicas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Outras novas

Fonte

Comentarios