O mar invade as aulas
Metémonos hoxe en clase para compartir pupitre cos peques de Primaria de varias escolas da bisbarra. E o facemos en clave de mar, pois son varias as propostas educativas que levan o medio mariño, tan próximo, aos programas educativos. Falamos, como non, do proxecto O Mar na Escola, que xa leva varios anos sendo pioneiro na materia. Pero falamos tamén do traballo que fan dende O Canto da Balea por Carnota, mesturando mar e concienciación medioambiental.
Dous xeitos tremendamente válidos para facer que o mar sexa máis noso dende pequenos, que non nos sexa alleo. Dous xeitos que debería extenderse por toda a Costa da Morte, e por todo o litoral galego.
Actividades mariñeiras e medioambientais en Carnota
Saca O Canto da Balea unhas actividades lúdicas pensando nos días lectivos de Semana Santa. A entidade realizará diversos obradoiros para pequenos en Lira mesturando, como dicimos, mar e medioambiente. Un día de pesca, un de ciencia e un de cociña son as propostas para eses tres días de prefestas.
O Mar na Escola
Paralelamente, o proxecto que arma Cataventos de Corcubión con máis de 150 alumnos de toda a bisbarra segue en marcha. Xa estivemos dentro da aula no cole de Camariñas, pero esta semana xa podemos coller o barco e realizar as primeiras sesións de mar.
Así, os estudantes dos colexios Santa Eulalia (Dumbría), Eugenio López (Cee), Praia de Quenxe (Corcubión) e Mar de Fóra (Fisterra) participaron estes días en sesións de navegación que se desenvolveron fundamentalmente en barco escola, aínda que algún dos grupos o fixeron en kayak. Hoxe mesmo tócalles estrea aos alumnos do CEIP Manuela Rial Mouzo, de Cee.
No barco escola, un instrutor encargouse de animar aos mozos a que participasen na navegación, levando o timón, as velas, equilibrando o barco ou orientándose en función da dirección do vento. Segundo explicou Noemí Bermúdez de Castro, coordinadora do programa, tratábase de realizar un traballo de equipo é “facer que os rapaces se sintan parte da tripulación, creando as bases para que máis adiante se sintan máis seguros e autónomos”.
As sesións de kayak, pola súa banda, centráronse no dominio da remada cunha pala dobre, a posición do corpo, equilibrio, o aproveitamento das correntes e a procura de abrigo para facilitar a navegación e visualizar o fondo. Unha das formas de navegación máis antiga, un deporte de inigualable simplicidade e respetuoso co medio ambiente.
Novas relacionadas
- Artelixo en Carnota.
- O Mar na Escola 2014: Os peques de Camariñas xogan co vento nas aulas.
- O Mar na Escola 2014: 200 alumnos volverán disfrutar o mar dende a escola.
- O Mar na Escola 2013: Pequenos grumetes diplomados en mar.
- O Mar na Escola 2013: Máis de 130 escolares difrutaron un ano máis do Mar nas horas lectivas.
- O Mar na Escola 2012: Preto de 200 escolares xa son regatistas na Costa da Morte.
- O Mar na Escola 2012: 232 mozos de 6 centros escolares disfrutan do mar en horas lectivas.
- O Mar na Escola 2011: Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela.
- O Mar na Escola 2010: Os alumnos do Manuela Rial achéganse ao mar con Cataventos.
- O Mar na Escola 2009: Estudiando o mar na Escola .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).