Xoves. 22.08.2019
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte do Pindo

O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte do Pindo
Modesto Garcia Quintans e Pepe do Fierio na Cova da Pendente do Monte Pindo Modesto García Quintáns e Pepe do Fierio na Cova da Pendente do Monte Pindo Impresionante ver estes homes gabeando polo granito do Olimpo Celta. O noso Modesto García Quintáns arreou co seu familiar José de Matín, que veu dende Suiza, acompañados pola sabedoría de Pepe do Fieiro, para gabear tamén pola historia nosa bisbarra. E isto foi o que nos conta:

O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo

Situacion da Cova da Pendente do Monte Pindo A Cova da Pendente do Monte Pindo Pepe do Fieiro e Jose de Matin na Cova da Pendente do Monte Pindo Pepe do Fieiro e Jose de Matín trepando É unha cova situada na ladeira leste do Monte do Pindo, moi próxima a un regato coñecido como “Sancheferro”, na paraxe “Monte de Zacarías”. Está na metade dunha plataforma rochosa con moita pendente formada por varias diaclasas, destacando un estreito desfiladeiro en dirección este-oeste. Ten un pequeno furado na parte alta e que foi o refuxio dalgúns escapados da Guerra Civil. Localízase nas coordenadas UTM (29ED50): X = 491390; Y = 4749898, cunha altitude sobre o nivel do mar duns 365 m. Para chegar a este punto pártese do lugar de O Fieiro pola estrada de Sta. Uxía. Tómase o segundo desvío á esquerda por un camiño da concentración parcelaria. Despois de recorrer uns 500 m. tómase o desvío da esquerda en dirección sur ata o final. Crúzase o regato por uns pasais coñecidos como “Pousos de Zacarías” e síguese uns 200 m. polo borde esquerdo do río. Aquí, tórcese á dereita subindo monte a través ata o pé das rochas ata encontrar un desfiladeiro cuberto de “xestas” en dirección este-oeste. Aquí comeza a dificultade. Trepando polas rochas, subindo polas xesteiras nun treito duns 60 m., pola estreita trincheira, chégase ó último escalón dunha altura duns 2 m. Subindo este escalón encóntrase o furado de entrada. Unha vez dentro ai unha plataforma descendente para seguir por outra ascendente nun traxecto dun 7 m. de longo por uns 6 m. de ancho, con formas irregulares podendo, en parte, desplazarse de pé. Subir a esta cova é moi dificultoso e perigroso se as rochas están molladas. É recomendable ir acompañado levando algo que auxilie a subida como unha corda ou unha pequena escaleira lixeira. Nestes casos, o guía ideal polos seus coñecementos é Pepe do Fieiro. Este contounos que cando era pequeno podíase subir sen dificultade pola fenda cuberta de herba e xestas. Este dato pódese comprobar no mapa do voo aéreo dos americanos da década de 1950. Os últimos incendios queimaron o manto vexetal e as correntías da choiva arrastraron a terra, o que descubriron as rochas a modo de escalóns. Itinerario a Cova da Pendente do Monte Pindo Itinerario á Cova da Pendente do Monte Pindo  

Novas relacionadas

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios