Mércores. 06.07.2022
El tiempo

O Monte Pindo, xa mapeado no Google Street View

O Monte Pindo, xa mapeado no Google Street View
Vista do sendeiro a Moa no Google Maps Vista do sendeiro a Moa no Google Maps

En outubro de 2016 comezaba o soño da Asociación Monte Pindo Parque Natural de mapear o Olimpo Celta a través do Google Maps. E hoxe a entidade ten o pracer de presentar publicamente os froitos do proxecto “Trekker Monte Pindo”, que permite disfrutar virtualmente da práctica totalidade das rutas de sendeirismo de Carnota para poñelos á disposición de todo o mundo a través de plataformas coma Google Street View ou Google Maps.

Foi a idea de Santi Llecha membro da directiva de Monte Pindo, a que puxo á entidade en marcha. A boa acollida do Concello de Carnota, de Google e da comprometida veciñanza permitiu que en pouco máis dun mes rematara a fase de traballo de campo (cunha marea de voluntarios cargando a pesada mochila da cámara), cun resultado total de 160 quilómetros percorridos distribuidos nuns 50 roteiros distintos de todo o Concello de Carnota, o primeiro de Galicia que permite percorrer polo google todos os seus camiños.

A voluntaria Ita coa camara de google mapeando o Monte Pindo A voluntaria Ita coa camara de google mapeando o Monte Pindo Monte Pindo Trekker no Google Maps Monte Pindo Trekker no Google Maps

Presentación oficial

A presentación terá lugar en dúas xornadas: a primeira, orientada á veciñanza, o vindeiro sábado 24 de febreiro ás 18:00 horas na Lonxa Vella de Lira, e a segunda, orientada a medios de comunicación, entidades e TICs, o mércores 28 de febreiro ás 11:00 horas no Salón Real do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios