O polbo da Costa da Morte estrea marca propia dende a rede


Importantísimo o feito de que o polbo costeiro teña marca propia. E así, o polbo das confrarías de Fisterra, Corcubión, Lira, Muros, O Pindo e Porto do Son comezará a se comercializar baixo a marca “Pulpo de lonja”.
Trátase dunha nova iniciativa dos mariñeiros galegos para poñer en valor un dos recursos pesqueiros máis característicos da zona e que a cotío vese desprazado polo polbo conxelado procedente doutros países como Portugal o Marrocos.
Así, nun intre no que cada vez máis compradores comezan a dar importancia ao produto fresco, obtido preto da zoa de consumo, a marca "Pulpo de Lonja" permitirá aos consumidores saber que están gozando dun verdadeiro polbo galego.
Na rede

Este polbo con marca propia comercializarase a través da plataforma “Lonja en la Red”, unha central de vendas que será presentada nas vindeiras semanas e que permitirá aos compradores adquirir o polbo destas seis confrarías directamente desde o ordenador.
“Lonja en la Red” vén satisfacer unha das aspiracións do Grupo de Acción Costeira 4 (GAC 4) que buscaba agrupar a produción de varias confrarías para satisfaceren as necesidades dos grandes clientes e superficies de distribución.
Son nada menos que seis as lonxas participantes, un fito na cooperación entre confrarías, e está pervisto que no futuro poidan incorporarse outras como a de Noia e Portosín.
Máis información
Novas relacionadas
- A Costa da Morte presente na nova Plataforma de Pesca Europea Artesanal LIFE.
- O mar ponse de loito contra o novo Plan de Xestión do Polbo.
- 15.000€ e 20 días sen traballar por unha nasa sen precinto.
Fonte
- Nota de prensa do GAC.