Martes. 15.10.2024
El tiempo

O PP de Carnota vén de denunciar o trato discriminatorio cun ex-traballador do concello

O PP de Carnota vén de denunciar o trato discriminatorio cun ex-traballador do concello
O PP de Carnota ven de denunciar o trato discriminatorio sobre o que fose ata fai pouco o responsable de deportes do Concello, Alfredo Cambeiro Sambade.  A finais de agosto, os populares xa denunciaban publicamente ao rexedor polo despido “arbitrario” de seis traballadores do Concello de Carnota sen darlles explicacións ou sequera un aviso previo.  Nesta última ocasión a denuncia non solo ven a cargo do PP que dirixe Xosé Oreiro, senón que é unha denuncia feita polo propio afectado Alfredo Cambeiro nas dependencias da Garda Civil no día de onte, venres 6, ao redor das 11:30h. da mañá. Os feitos ocorrían o xoves 5 de setembro ás 20:00h., cando o actual rexedor do Concello Ramón Noceda prohibía a entrada o que ata o de agora fose técnico de deportes, a unha reunión que ían manter o concello cos pais dos rapaces para tratar as Escolas Deportivas e categorías base do concello. A dita reunión tentou acudir o ex-traballador do concello Alfredo Cambeiro en calidade de presidente da Agrupación de Escolas Deportivas e monitor destes rapaces/as, e a cal o Alcalde saía á porta escoltado por dous policías locaís para impedirlle o acceso a dita reunión, como se de un delincuente se tratase. Os motivos para impedirlle a entrada foron que estaba alí para molestar e armar escándalo, cando a realidade é que esta persoa segue exercendo como presidente desta institución. En dita reunión, tratouse o tema do que ían suceder cas categorias base do concello, o cal moitos pais dos que alí estaban inquietalles este tema. Houbo moitas preguntas por parte de algúns dos pais. A proposta que facía o rexedor é cederlle as categorias base ao Club de Fútbol Lira, e unha das preguntas que facía un dos pais era "¿porque cederllas o Club de Futbol Lira e non o Unión Deportiva Carnota? ¿cando as categorias base sempre estiveron en Carnota?" a resposta foi que no Carnota, estaba Alfredo Cambeiro de responsable, o cal, a resposta por parte dos pais foi "logo eso é por motivos persoais contra  Alfredo Cambeiro". As categorías que levaba mantendo Alfredo Cambeiro coa axuda do concello durante tantos anos como Escolas de Fútbol base do concello, pasarían a ser categorias base do Club de Fútbol Lira. Categorías que abarcaban Biberón, Prebenxamíns, Benxamíns, Alevíns e Infantís-Cadetes, nas que competían en fútbol sala, fútbol 8 e fútbol 11. Moita xente de Carnota ten malestar por este tema e nestes días os veciños da localidade terán algo máis que dicir sobre que pasará coas súas escolas, e donde poderán xogar os seus cativos a tempada que vén. O PP de Carnota tamén esixe ao actual Alcalde que rectifique e pida disculpas publicamente a este traballador que humillou diante de todos.

Comentarios