O PP presenta aos candidatos da Costa da Morte
08:45 26/09/12
Xa os vimos a semana pasada por Cee e Fisterra en plena precampaña, e onte o PP presentaba aos seus representantes nas comarcas de Costa da Morte e Bergantiños. O médico carballés Aurelio Núñez (11), a carnotá Marisol Piñeiro (15) e o mestre laxense Ambrosio Oróns (22) serán as cabezas costeiras nas listas das Autonómicas.
O PP aposta por "impulsar o eixo industrial Coruña-Carballo-Fisterra como a principal fonte de emprego e futuro na comarca". Negreira, o presidente provincial, asegurou que farán 200 visitas por toda a provincia, "nunha campaña pegada ao cidadán, afastada dos grandes actos e centrada no ti a ti". "Non quedará nin un só concello da provincia por visitar", subliñou.
Novas relacionadas
- A Xunta ratifica os retrasos na Autovía ante a falta de financiamento da empresa.
- O PP xa está en campaña.
Fonte
- Nota de prensa do PP provincial.