venres. 02.05.2025
El tiempo

O solpor trae a música ao albergue Portaventosa

O solpor trae a música ao albergue Portaventosa
solpores acusticos 2016 albergue portaventosa "Solpores acústicos" é o nome do primeiro ciclo de música en directo que se está a desenvolver no albergue Portaventosa de Lira. A cita é todos os xoves - do 21 de xullo ao 25 de agosto - ás 22 horas, xusto despois de despedir o sol na terraza do edificio. Tras as dúas primeiras actuacións do grupo coruñés La Dance, e os cantautores César de Centi e Tato López, é a quenda da agrupación carnotán Alma Animal que despedirán o sol da tarde con reggae e rock. O encargado de abrir o mes de agosto, a ritmo de grandes clásicos, será o artista santiagués Mr. Cool. O 11 de agosto será o tempo doutro grupo local. Dende Cee, chega The Mojo Queen, cos seus arranxos dos clásicos dos 80. E despois do blues, pop e rock, virá o jazz. O 18 de agosto será o momento de Grus Art Trío, liderado por un clásico galego, Fito Ares. Pechará Solpores Acústicos 2016 o cantautor de Sada Paris Joel, acompañado na percusión por Tonu Leiro. Jam session 2015 Esta iniciativa xurde tras a boa acollida, o pasado verán, do concerto ofrecido por Louredo Esemble. Daquela, os visitantes de todos os veráns, Chefa Alonso, Cova Villegas e Ildefonso Rodríguez, xunto con Javier Escaned e María Cameselle, formaron grupo co músico cubano Walfrido Domínguez, e ofreceron unha noite especial, interpretando boleros, son cubano, jazz e música improvisada, nunha jam session. En total son sete concertos, que, dependendo das condicións meteorolóxicas e baixo decisión dos artistas, poderán ter lugar dentro do bar ou na terraza. Todas as actuacións serán de entrada gratuíta, se ben, durante o horario dos concertos, as consumicións terán un custo adicional de 1€.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios