Unha oda dende o Consello da Cultura Galega ás "mulleres pirámide" de Carnota
20:42 25/09/19
Marisa, filla dunha das protagonistas, xunto a Encarna Otero, fixeron unha emotiva presentación do documental "As Mulleres co Mundo na Cabeza" no Consello da Cultura Galega. Así llo recoñeceu o público asistente cun agarosísimo aplauso cando Marisa remataba o seu relato de presentación. Marisa recordaba as formas que tecía a súa nai, e comparaba a aquelas mulleres cun símil xeométrico: "mulleres pirámide, poderosa base de sustentación, coas súas arestas, esas caras en rampa, polas que gabeamos ata o vértice, e un bico afiado que sempre pode facer falta".
O Consello permítenos ver a presentación arriba, e aquí, o documental enteiro, na súa estrea en aberto: