O Orballo Cultural volve ao Fórum
Tralo anuncio da cita de Portocubelo e da de Padrón, o Festival Orballo Cultural facía pública onte a segunda sesión na Costa da Morte. Será no Forum Carballo, no mesmo espazo que o verán pasado xa fixeron vibrar a ducias de persoas con concertos como o de MClan.
Volverán este mes de xuño con 4 xornadas espectaculares, co mellor da música galega contemporánea.
O sábado 19 de xuño comeza o festival con sesión de tarde noite con Tanxugueiras e Sheila Patricia. O domingo 20, sesión vermú con Russinha e Sés, que volve á que sempre é a súa casa.
A finde seguinte, o sábado 26 sesión golfa con F0 Records e Verto, unha das grandes rebelacións do trap galego. O o domingo 27, sesión vermú con Xiao Berlai e Momboi.
Este mércores, a partir das 17:00h, as entradas á venda dende www.woutick.es..
Novas relacionadas
- Maio 21: Portocubelo, primeiro escenario costeiro do Festival de Orballo Cultural.
- Agosto 2020: O Buño deMostra dalle vida oleira a espazos singulares.
- Xullo 2020: Manu Nogueira: "A nosa idea é que nun futuro poidamos contar con moitas máis localizacións”.
- Xullo 2020: Orballo Cultural, a nova iniciativa musical da Costa da Morte.