domingo. 01.12.2024
El tiempo

Portocubelo, primeiro escenario costeiro do Festival de Orballo Cultural

Orballo Cultural en Portocubelo
Orballo Cultural en Portocubelo
Portocubelo, primeiro escenario costeiro do Festival de Orballo Cultural

O pasado verán, no marco da pandemia nacía, dende a Costa da Morte, a promotora cultural Orballo Cultural. Gracias a eles puidemos disfrutar de singulares eventos musicais en varios puntos da Costa da Morte como Buño, o Semáforo de Fisterra, o Parador de Muxía ou Carballo. Xa avisaba Manu Nogueira de que a súa idea era que “nun futuro poidamos contar con moitas máis localizacións”, e este 2021 xa van invadir toda Galicia.

Eventos de Orballo Cultural na Costa da Morte 2021
Imaxes dos eventos celebrados o verán pasado no Semáforo de Fisterra, a Mostra de Olería de Buño, o Parador de Lourido e Carballo

A semana pasada anunciaban que este ano, de xuño a outubro, celebrarán eventos polas 4 provincias, con xentes como Iván Ferreiro, Sés, Baiuca, Mclan, Ortiga, Apart, Monoulios Dop, The Rapants, Alejandra Pais ou Cora Velasco. Eventos nos que a música se funde coa natureza, a arte e o patrimonio, promovendo experiencias especiais, e sempre seguras.

Entre as localizacións non podía faltar a Costa da Morte, e xa podemos anunciar que os 26 e 27 de xuño haberá concertos no Portocubelo, en Lira, Carnota. O sábado 26 estarán Mclan acompañados pola banda carballesa Apart, unha das grandes novidades deste ano no panorama galego.
Para o domingo queda unha sesión vermú tremendamente golfa, cos Monoulios Dop (Serra de Outes) e os muradáns The Rapants. Unha cita para non perderse, así que estade atentos porque as entradas estarán á venda a partir das 12:00h deste mércores en www.woutick.es.

 

Novas relacionadas

Comentarios