Os bombeiros extinguen un lume na piscifactoría de Quilmas
A rotura dunha tubaría de auga dunha caldeira foi a causa que provocou un incendio nunha piscifactoría situada no lugar de Quilmas, Carnota. Neste intre, os bombeiros de Cee, pese a que, continúan coas tarefas de ventilación, explicaron ao persoal do 112 Galicia que o incendio está extinguido e que arderon restos de cabreado e outros enseres que se almacenaban na parte superior onde se atopa a caldeira, sen que esta chegase a arder. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.
Un particular foi quen, ao redor das 07:30 horas desta mañá, alertou ao CAE 112 Galicia que, de contado, pasou aviso aos efectivos de extinción. Tamén se informou á Garda Civil, á Policía Local, GES de Muros e ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Fonte
- Axega.