Os carnotáns coñeceron as marabillas de Boqueixón


O pasado luns 28 de febreiro, 41 alumnos das actividades de arte floral, ximnasia para maiores e informática do Concello de Carnota, realizaron unha excursión a Boqueixón acompañados polos seus profesores.
Ao chegar, o primeiro que foron visitar foi o Centro do Cabalo de Pura Raza Galega, onde asistiron a unha exhibición dos pases do cabalo. De seguido dirixíronse ao centro de interpretación do Pico Sacro onde lles explicaron a súa historia. Despois da exposición subiron ao Pico para divisar unhas fermosas vistas, ata alcanzaron ver os picos da Catedral de Santiago de Compostela.
Arredor das 14:00 horas foron para comer a un restaurante e unha vez rematada a comida recibiron a visita do alcalde de Boqueixón, que se acercou a saudalos. Xa coa barriga chea dirixíronse cara á Queixería Bo Queixo, que lles gustou tanto que non houbo ninguén que marchara sen levar un queixo para a casa.
Por último visitaron as illas de Gres, todas estas actividades sempre en compaña dunha monitora do concello de Boqueixón.

Novas relacionadas
- As filloas e o vello Exipto serán os protagonistas do Entroido de Carnota e do Pindo.
- Caldebarcos sabe a mel.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Carnota.