Os centros educativos da zona tamén participan na campaña Rumbo a Gaza

09:15 07/02/11

Axudas realizadas
Até o de agora, son varios os centros, tanto de primaria como de secundaria, que levan a cabo a campaña, anque en diferentes fases. Nalgúns, na que se presentou antes, xa se rematou e se recolleu o material; noutros, sen embargo, vaise levar a cabo nas vindeiras semanas. Así, a relación de centros participantes é:- CEIP Mar de Fóra, de Fisterra: xa rematou a campaña coa aportación de 129 euros, 129 libretas e 209 lapis.
- CEIP Areouta, de Sardiñeiro: xa rematou a campaña, coa aportación de 50 euros, 47 libretas, 70 lapis, 5 afías e 50 gomas de borrar.
- CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión: xa rematou a campaña, coa aportación de 62 euros, 61 libretas, 114 lapis, 5 bolis, 3 afías, 15 gomas e 2 ceras.
- Colexio Manuela Rial, de Cee: tiveron unha charla o mércores 26 de xaneiro e xa rematou, coa aportación de 23 euros, 45 libretas, 52 lapis, 2 bolis e 14 gomas.
- IES Fernando Blanco: na ESO tiveron unha charla o 24 de xaneiro, e a campaña aínda está aberta, en espera dos bacharelatos.
- CEIP Eugenio López, de Cee: tiveron unha charla o luns 31 de xaneiro, e a campaña aínda está aberta.
- IES Ramón Caamaño, de Muxía: tiveron unha charla o 4 de febreiro, e a campaña aínda está aberta.
- CEIP de Vilarmide: a campaña está en curso.
- IES de Carnota: terán charla o vindeiro 15 de febreiro.
Máis información
Novas relacionadas
- COSAL e Buserana achegan o conflito de Gaza á Costa da Morte.
- A Costa da Morte pon Rumbo a Gaza.
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- Entrevista con Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
Máis novas
- A Costa abriu os ollos contra a violencia de xénero.
- COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara.
- Este verán, acolle un neno saharahoui.
- Charla con COSAL sobre a emigración: Todos somos emigrantes.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).