Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Crebinski triunfan nos Mestre Mateo

Os Crebinski triunfan nos Mestre Mateo
4 eran as propostas con participación costeira finalistas nos Premios Mestre Mateo 2010. Son os Premios que a Academia Galega do Audioisual outorga ás mellores producións do sector audiovisual cada ano. Se nos teatreiros Premios María Casares a Costa tamén estivo presente, onte en Ourense foron varios os costeiros premiados. Foron Os Crebinski os grandes galardoados da noite. 4 premios, entre o de Mellor Interpretación Masculina de Reparto para o carnotán Miguel de Lira, tan querido na nosa bisbarra. Ademais, Susana Veira levaba o Premio á Mellor Maquillaxe e Perruquería; Sergio Franco á Mellor Dirección Artística e Ángel Amado e Nanda Cuíña á Dirección Artística. Ademais, a serie de Ficción Producciones e TVG grabada nas nosas praias e montes "Mar Libre", recibíu 3 premios. E un dos grandes, como foi o de Mellor Película para Televisión. Ademais, Eva Camiño recibiu o de Mellor Deseño de Vestiario, e a viguesa María Vázquez levou o de Mellor Interpretación feminina Protagonista. Deste xeito os nosos queridos "Para mariñeiros nós" quedaron sen premio, ao igual que a documental "Lira, un mar de vida na Costa da Morte". I é que o de Mellor Serie para Televisión foi para Matalobos, mentres que a documental premiada foi "Radiografía dun Autor de Tebeos", de Setemedia, Marcos Nine Búa e Alicia Veira. Outros dos premios importantes recaeron en Jorge Coira como Mellor Director por 18 comidas, outra das máis galardoadas e que tamén levou o premio á mellor Longametraxe. Ademais Olivier Laxe recibiu o premio á mellor revelación e Roberto Vilar, de Land Rober ao Mellor Comunicador así como o Mellor Programa de TV. Poden ollar todos os premiados en www.academiagalegadoaudiovisual.com, pero antes deixámosvos cun trailer desta tremenda campaña dos Crebinski.

Trailer de Os Crebinski

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas audiovisuais

Vídeos de Galinus.tv

Os Flocos da Costa da Morte

Vídeos naturais de Francisco Santiago López

Fonte

Comentarios