Os Crebinski triunfan nos Mestre Mateo
          
    11:08 18/04/11 
            
4 eran as propostas con participación costeira finalistas nos Premios Mestre Mateo 2010. Son os Premios que a Academia Galega do Audioisual outorga ás mellores producións do sector audiovisual cada ano. Se nos teatreiros Premios María Casares a Costa tamén estivo presente, onte en Ourense foron varios os costeiros premiados.
Foron Os Crebinski os grandes galardoados da noite. 4 premios, entre o de Mellor Interpretación Masculina de Reparto para o carnotán Miguel de Lira, tan querido na nosa bisbarra. Ademais, Susana Veira levaba o Premio á Mellor Maquillaxe e Perruquería; Sergio Franco á Mellor Dirección Artística e Ángel Amado e Nanda Cuíña á Dirección Artística.
Ademais, a serie de Ficción Producciones e TVG grabada nas nosas praias e montes "Mar Libre", recibíu 3 premios. E un dos grandes, como foi o de Mellor Película para Televisión. Ademais, Eva Camiño recibiu o de Mellor Deseño de Vestiario, e a viguesa María Vázquez levou o de Mellor Interpretación feminina Protagonista.
Deste xeito os nosos queridos "Para mariñeiros nós" quedaron sen premio, ao igual que a documental "Lira, un mar de vida na Costa da Morte". I é que o de Mellor Serie para Televisión foi para Matalobos, mentres que a documental premiada foi "Radiografía dun Autor de Tebeos", de Setemedia, Marcos Nine Búa e Alicia Veira.
Outros dos premios importantes recaeron en Jorge Coira como Mellor Director por 18 comidas, outra das máis galardoadas e que tamén levou o premio á mellor Longametraxe. Ademais Olivier Laxe recibiu o premio á mellor revelación e Roberto Vilar, de Land Rober ao Mellor Comunicador así como o Mellor Programa de TV.
Poden ollar todos os premiados en www.academiagalegadoaudiovisual.com, pero antes deixámosvos cun trailer desta tremenda campaña dos Crebinski.
Trailer de Os Crebinski
Máis información
- Academia Galega do Audiovisual.
 - Para mariñeiros nós en VTelevisión.
 - Os Crebinsky na AGV.
 - www.crebinsky.com.
 
Novas relacionadas
- 4 apostas audiovisuais da Costa da Morte optan aos Premios Mestre Mateo.
 - Premios María Casares: Os dous mellores actores secundarios de Galicia son da Costa.
 - Premios 2009: Dúas propostas do audiovisual da Costa candidatos aos premios Mestre Mateo .
 - Pinto e Cobiñas dan o salto á tele.
 - A Reserva Mariña de Lira protagonista en toda suramérica.
 - Zas ten medo.
 - A Costa da Morte serve de escenario inmellorable para unha miniserie 100% galega.
 
Máis novas audiovisuais
- A saga “Perdidous” da Cherinkas chega ao seu final.
 - 6 vídeos de terror para lembrar o Samaín e promover o uso do galego na escola.
 - "Smoke", unha curta con premio dos alumnos de Laxe no Festival de Cine de Ourense.
 - Galinus vende os seus produtos no mercado de Cee (e na TVG).
 - Unha vida no mar de Laxe.
 - Laxe ten un Amigo Invisible en Sundance.
 
Vídeos de Galinus.tv
- Galinus vende os seus produtos no mercado de Cee (e na TVG).
 - Galinus A Película.
 - Galinus de mudanza.
 - "Non somos nós" .
 
Os Flocos da Costa da Morte
- A loita do Man animado contra o exército de chapapote.
 - A Rosa dos ventos malpicáns.
 - Os Crebinski.
 - "Area nos ollos", unha documental sobre a loita pola liberdade de Baldaio.
 - A esperanza dunha tradición que seca ao vento do mar.
 
Vídeos naturais de Francisco Santiago López
- O Cabo Touriñán.
 - "Temporal do 15".
 - Jurassic Park en Corcubión.
 - O Xabarín.
 - O lobo.
 - O Río.
 - O garañón da Costa da Morte.
 - Sequía no embalse da Fervenza.
 - Nemancos: a terra dos bosques sagrados.
 - Fauna salvaxe da Costa da Morte.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).