Os máis pequenos de Carnota disfrutaron cos músicos da ESMU

09:05 09/05/13

Onte mércores 8 de maio a Escola de Música de Carnota (ESMU) realizou o seu último concerto didáctico do presente curso. No 1º trimestre a ESMU levou a súa música, cos pequenos da escola, ao CEIP de Carnota, EEI do Viso e EEI de Lira. No 2º trimestre tocoulle ao CEIP do Pindo, e agora, tocoulle o turno á Gardería de Lamas de Castelo.
Os pequenos infantes disfrutaron de media hora de música feita polos seus veciños de 6 a 11 anos, que fixeron a delicia coa Orquestra Orff e o Coro Infantil, na interpretación de 7 temas.
As mestras da Gardería agradeceron a visita inmensamente e as caras dos cativos, xunto cos aplausos, foron o mellor pago que os alumnos da ESMU e as dúas mestras que os acompañaban puideron obter.
Novas relacionadas
- A música volve encher o Salón de Plenos do Concello de Carnota.
- Os usuarios de Adisbismur aprenden coa musicoterapia en Carnota.
Fonte
- Nota de prensa da ESMU da man de Alianza Uhia.