xoves. 03.07.2025
El tiempo

Os Reis xa van chegando pola Costa

Os Reis xa van chegando pola Costa

Este luns 20 de decembro os paxes dos Reis Magos chegaron a Carnota e despois da visita obrigada ao concello para presentarlle os seus respectos ao alcalde foron visitar aos nenos dos colexios, da gardería e aos maiores do centro de día.

Os paxes foron recollendo as cartas que os nenos tiñan para os Reis Magos e recordándolle que o día 5 de xaneiro pola tarde as súas maxestades de oriente chegarán e darán un pequeno recorrido por Carnota parando en Lamas de Castelo onde saudarán a todos os nenos que alí se acerquen. Despois marcharán rapidamente para poder repartir os regalos a todos os nenos que se portaron ben ao longo de todo o ano.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.

Comentarios