Venres. 29.05.2020
El tiempo

Os temporais achegan baleas, lobos mariños e arroaces ás nosas costas

Os temporais achegan baleas, lobos mariños e arroaces ás nosas costas
Balea de Corcubion-Foto-CEMMA Menudas estampas que están a deixar os temporais na Costa da Morte. O pasado día de Reis veíamos imaxes incribles da forza do mar. Unha forza que deixaba crebas de todos os tipos, incluídas as de animais. E non parece algo pouco habitual, tendo en conta que nos últimos tempos xa recibimos os corpos sen vida dunha tartaruga en Fisterra ou por Muros, dunha balea tamén pola costa muradá, ademais varios arroases que rematan nas nosas rochas. Estes ademais das visitas dos tiburón momo, da tartaruga fisterrá Parda ou da A foca Nariga, con finais máis felices. Pero o deste temporal foi tremendo. Aparecía a cría dun lobo mariño en Mar de Fóra en Fisterra, outro en Caión (Laracha), e outro en Razo (Carballo). Todos se recuperan no Centro de recuperación da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) á espera de poder volver á salvaxe natureza marítima. Ata unha cria de foca aparecia en Mar de Fora-Foto-Luis Castro Racino apareceu en Razo e se recupera no centro CEMMA

Un caldeirón no Pindo

Un arroaz non sobrevivia a un golpe polo temporal-Foto-CEMMA Un que non vai volver é este caldeirón. "Triste morte a do animal despois de sobrevivir a unha colisión que lle rompeu varios ósos, entre eles os maxilares. Aínda así viviu nese estado varias semanas", explicaban os membros do CEMMA que non puideron facer nada para mantelo vivo.

Unha balea por Fisterra e Corcubión

A balea morta flotaba asi polo mar de Fisterra o mercores e varaba en Redonda Tamén se avistou pola costa fisterrá esta balea morta. Un remolcvador intentou amarrala durante a pasada noite do mércores, pero rompeu o cabo e quedou á deriva, aparecendo pola mañá varada na zona da Redonda, en Corcubión. Agora, e como o mar está en moi mal estado, os membros do CEMMA está agardando para ver como afrontala situación, para intentar afrontar un proceso de despece como o realizado á balea de Muros do pasado mes novembro.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios