Para ir para a cama cantando con Apego

Non paramos de repetilo. Somos moi fans do proxecto APEGO. Ese proxecto de dinamización sociolingüística que pretende axudarnos aos papás e mamás a criar en galego. A última achega, en forma de canción, chega da man de Paco Nogueiras (autor do disco Brinca Vai!), cunha gran canción para irmos para a cama.
“Vou para a cama” súmase a outros da serie As aventuras de Po, que xa hai meses que se están a difundir na rede coa pretensión de achegarlles ás familias recursos en galego, e a través dos cales o polbo Po, mascota do Apego, ensina cores e froitas, os sons e nomes dos animais, as partes do corpo, a atar os cordóns, etc.
Os que vivades nos Concellos de Carballo, Carnota, Cee, Mazaricos, Muros, Ponteceso e Vimianzo, e teñades crianzas, xa podedes achegarvos polo Concello para pedir a caixa de APEGO.
Máis información Novas relacionadas- Abril 2017: Cee propón unha primavera con Apego á lingua dende o berce.
- Marzo 2017: Cee, 7º concello costeiro en adherirse ao programa Apego.
- Setembro 2016: Seis municipios da bisbarra inician a nova campaña do proxecto Apego.
- A crianza con “Apego” ponse en marcha
- O programa Apego expándese pola Costa da Morte
- 3 meses de actividades para coller Apego polo galego dende o berce
- Carnota pon en marcha o programa de dinaminación lingüística Apego
- Apego para criar en galego.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Apego