Piden o coidado ambiental do Rego de Lariño
07:59 19/12/23
As últimas enchentas e os últimos temporais fixeron unha boa desfeita nun treito do Rego de Lariño, en Carnota. Como denuncia a veciñanza, varias árbores caeron nun tramo do río, o que leva provocado inundacións en polo menos dúas ocasións na súa beira como consecuencia do taponamento que causan restos de maleza tras as intensas choivas.
A veciñanza pide ás autoridades que tomen as medidas necesarias para realizar unha limpeza do río, pois de non retirárense as árbores caídas seguirán