Luns. 03.08.2020
El tiempo

Poemas para o Monte Pindo

Poemas para o Monte Pindo

En plena febre de descobrementos e de valorización do Olimpo Celta, un par de socios da Asociación Monte Pindo Parque Natural póñense en marcha cun proxecto editorial. A iniciativa parte de Francisco “Chisco” Fernández Naval e Miro Villar, escritores comprometidos co patrimonio natural da Costa da Morte, e socios da entidade. Eles serán os coordinadores da publicación.

O obxectivo é o de crear unha antoloxía poética, cuxos beneficios económicos (se os houber, como é o seu desexo) serán integramente destinados ás campañas da devandita entidade pola declaración do Monte Pindo como Parque Natural. Así, todos os poetas da bisbarra, que son moitos, xa están en marcha enviando as súas poesías.

A achega de escritos é aberta, polta que todo o mundo pode ser un poema xa publicado ou orixinal e inédito que mencione ou se inspire no Monte Pindo. Os coordinadores xa teñen compilado algúns textos poéticos, mais cómpre agrandaren o volume para crearmos un libro importante na cantidade e na calidade textual.

A extensión e a forma dos poemas ten absoluta liberdade, porén recomendamos que a colaboración non exceda dos 100 versos e a poder ser escritos en caracteres Times New Roman a tamaño 12. E cada poeta debe ceder todos os dereitos de reprodución do texto poético para esta edición, o que non será impedimento para que poida dispoñer do poema da súa autoría para o publicar noutro libro propio ou colectivo.

Se desexas participar neste proxecto, o prazo de envío remata o vindeiro 31 de outubro. E podes envialos a .

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios